DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 4 de agosto de 2026 Páx. 43134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de xullo de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os oficios de citación das visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A15.20803 e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo os oficios de citación de visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente DH.A15.20803 e oito máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do oficio

DH.A15.20803

G15974686

22.7.2026

DH.A15.18082

76337534M

22.7.2026

DH.A15.23642

76283279F

22.7.2026

DH.A36.08421

Comunidade Usuarios de Vilar

22.7.2026

DH.A36.17092

76786547N
769285371T

22.7.2026

DH.A36.9533

35200241Y

22.7.2026

DH.A36.6384

33167985F

22.7.2026

DH.A36.10492

Comunidade de Usuarios Cerdeiral

22.7.2026

DH.A36.14759

76852820E

22.7.2026