Unha vez presentada a renuncia dunha vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 19 de novembro de 2025 (DOG núm. 228, do 25 de novembro) e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Iria Seoane Leal como vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a Blanca Verdía Barbará, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
