A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 26 de maio de 2026, ditou a resolución pola que se aproba a liquidación definitiva dos gastos de execución subsidiaria á Comunidade de Herdeiros de Manuel Marcos Dacal, expediente IU3/6/2012.
Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución, mediante o presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2026
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
