De conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación das resolucións das reclamacións previas, as persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou os seus representantes debidamente acreditados.
Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas ou as súas persoas representantes debidamente acreditadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo –ala sur– Monelos; r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselles que, contra as resolucións que se notifican, se poderá interpoñer demanda ante a xurisdición social, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da, notificación das ditas resolucións, efectuadas por comparecencia, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
A Coruña, 17 de xullo de 2026
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Procedemento BS611A Expediente |
Persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
2024/7234-1 |
32444315D |
Desestimación da reclamación |
27.4.2026 |
|
2024/4481-1 |
32794917E |
Estimación da reclamación |
18.5.2026 |
|
2024/6211-1 |
78784835Z |
Estimación da reclamación |
25.5.2026 |
|
2025/1392-1 |
32786303X |
Desestimación da reclamación |
10.6.2026 |
|
2026/3696-1 |
01867320L |
Desestimación da reclamación |
12.6.2026 |
|
2024/5877-1 |
32415358D |
Desestimación da reclamación |
19.6.2026 |
