DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 6 de agosto de 2026 Páx. 43458

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO do 31 de xullo de 2026 polo que se publica a resolución da convocatoria da Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude do 9 de marzo de 2026 pola que se autoriza a esta fundación para outorgar subvencións, se aproban as bases reguladoras relativas ás axudas Rega e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT898A).

Atendendo ao sinalado na base 12.3 da orde, a resolución da convocatoria darase a coñecer mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web www.cidadedacultura.gal, e producirá os efectos de notificación ás persoas interesadas.

As persoas propostas para o premio deberán manifestar a súa aceptación expresa no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución da concesión, que se fai a través do presente anuncio.

O contido íntegro da resolución, así como a acta de valoración do tribunal de cualificación, onde consta a puntuación dos proxectos, poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://www.cidadedacultura.gal/gl/transparencia-e-goberno-aberto/informacion-economica/axudas-e-subvencions

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia