DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 7 de agosto de 2026 Páx. 43696

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefatura de estudos de formación sanitaria especializada no ámbito da atención hospitalaria.

Convocada pola Resolución LD 4/2026, do 1 de xuño (DOG núm. 106, do 9 de xuño), a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de xefatura de estudos de formación sanitaria especializada, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 48/2023, do 20 de abril (DOG núm. 94, do 19 de maio), de ordenación do sistema de formación sanitaria especializada na Comunidade Autónoma de Galicia, e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefatura de estudos de formación sanitaria especializada no ámbito da atención hospitalaria, anunciado pola Resolución LD 4/2026, do 1 de xuño (DOG núm. 106, do 9 de xuño).

Segundo. Nomear, no posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 29 de xullo de 2026

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: xefatura de estudos de formación sanitaria especializada do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI).

Nome e apelidos: Cristina Melcón Crespo.

DNI: ***8396**.