DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 7 de agosto de 2026 Páx. 43735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 28 de xullo de 2026, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica a incoación do expediente de reclamación de danos e perdas causados ao dominio público viario 49/2026-CO e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP), notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio, relativos aos expedientes de reclamación de danos e perdas causados ao dominio público viario (clave IFOO008B) (artigo 58 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, modificado pola Lei 6/2015, do 7 de agosto, que modifica a anterior lei citada e a Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas).

Segundo o artigo 46 da LPACAP, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo de inicio e a súa constancia, as ditas persoas interesadas deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede deste servizo provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala norte, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Logo de transcorrer o devandito prazo sen que estas persoas comparecesen, entenderase producida a notificación desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Durante o prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que ten efectos esta notificación, as persoas interesadas poderán presentar as alegacións e achegar os documentos que consideren oportunos ante este servizo provincial, de acordo co previsto no artigo 64, terceiro parágrafo, da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e nos artigos 76 e 82 da LPACAP.

No mesmo prazo poderán acceder ao contido do expediente e obter as copias correspondentes.

Este anuncio será publicado no Diario Oficial de Galicia, aínda que a súa eficacia quedará supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 28 de xullo de 2026

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Estrada

49/2026-CO

32653459Z

AG-64, Ferrol (AC-116)-Vilalba (A-8), p.q. 16+600

55/2026-CO

32726311W

AC-164, Guísamo (N-VI)-Ínsua (N-651), p.q. 7+100

97/2026-CO

32681979Z

AC-112, San Sadurniño (AC-862)-Castro (AC-566), p.q. 4+820

227/2026-CO

32701680G

AC-116, Catabois-Valdoviño (AC-566), p.q. 6+200

284/2026-CO

79332602J

AC-552, A Coruña (A Grela)-Cee (AC-550), p.q. 66+300