Mediante a Resolución do 2 de xullo de 2026 (DOG núm. 134, do 20 de xullo) resolveuse o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, corpo facultativo de grao medio, escala técnica facultativa, especialidade de educador e educadora infantil; corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala de axentes técnicos/as facultativos/as, especialidade de educación infantil; corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de coidadores, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
De acordo co ordinal segundo desa resolución, diferíronse os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.
Polo exposto, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Abrir o prazo de toma de posesión que se establece no ordinal segundo da Resolución do 2 de xullo de 2026 para o corpo facultativo de grao medio, escala técnica facultativa, especialidade de educador e educadora infantil, e para o corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala de axentes técnicos/as facultativos/as, especialidade de educación infantil.
Segundo. De conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.
O cesamento deberá efectuarse o día 17 de agosto de 2026.
Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e empezará a computarse o día 18 de agosto de 2026.
Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante as seccións da orde xurisdicional contencioso-administrativa do tribunal de instancia correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
