DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 7 de agosto de 2026 Páx. 43714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ANUNCIO do 23 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, polo que se notifica a resolución do procedemento sancionador S-O-19.25.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ditou o 3 de xuño de 2026 a resolución do procedemento sancionador S-O-19.25, por infracción tipificada na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Intentada a notificación persoal desta resolución, non foi posible a súa práctica.

Mediante este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que figura no anexo para ser notificada por comparecencia do acto cuxo contido se indica. A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, no Edificio Administrativo San Caetano, 3º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único devandito. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do dito prazo.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2026

Ángel Miramontes Carballada
Director xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO

Procedemento sancionador: S-O-19.25.

DNI da persoa interesada: 44475613F.

Acto notificado: resolución de procedemento sancionador.