De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución reitoral do 26 de febreiro de 2026 (BOE do 9 de marzo), para a provisión da praza número 26/002, de profesor/a titular de universidad da área de coñecemento de Matemática Aplicada do Departamento de Matemáticas desta universidade, a favor de María del Carmen Calvo Garrido, con DNI núm***7531**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.
Este reitorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María del Carmen Calvo Garrido profesora titular de universidad da área de coñecemento de Matemática Aplicada do Departamento de Matemáticas desta universidade.
No prazo máximo de vinte días contado desde o día siguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante este reitorado, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 29 de xullo de 2026
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado
