Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Diario Oficial de Galicia resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselle/s á/ás persoa/s interesada/s o acto sinalado no anexo.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, logo de solicitude de cita no teléfono 982 59 20 01, no prazo de quince (15)días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Concello de Xove, sito na rúa Camiño Real, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.
ANEXO
Expediente núm.: 55/2025_010.
Procedemento: execución subsidiaria.
Acto notificado: Decreto da Alcaldía núm. 2026/0868, do 2 de xullo de 2026, polo que se declara incumprida a orde de execución ditada polo Decreto da Alcaldía núm. 2026/0642, do 29 de maio de 2026, e se ordena a súa execución subsidiaria a custa das persoas obrigadas.
Interesados: descoñecidos.
Parcelas catastrais nos::
27025A046000600000JF, 27025A046000610000JM, E00700800PJ23C0001SL, 27025A046000710001KK, 27025A046000680000JJ, 27025A046003160000JK, 27025A046000700000JI.
Xove, 17 de xuño de 2026
José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde
