DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 10 de agosto de 2026 Páx. 43973

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de xullo de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade enxeñaría agronómica.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 142, do 30 de xullo de 2026, e en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 42186, na base I.2.1.2, onde di:

«Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de licenciatura ou grao en Enxeñaría Agrónoma ou máster nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñería agrónoma».

Debe dicir:

«Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de Enxeñaría Agrónoma ou grao e máster nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñaría agrónoma».

Na páxina 42189, na base I.2.2.3, onde di: