Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Recuamento CT O Sagrón e CT As Cañotas-Cariño, no concello de Cariño (expediente IN407A 2025/131-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 29 de xullo de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2025/131-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Recuamento CT O Sagrón e CT As Cañotas-Cariño.
Concello: Cariño.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade |
Data de ocupación |
|
1 |
Rúa Pedra, 28 |
0532131NJ9413S0001WY |
María Teresa Docanto Alonso (Casimelindo, S.L.) |
18.6.2026 |
