DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 11 de agosto de 2026 Páx. 44171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 28 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica ás persoas solicitantes de xustiza gratuíta a resolución do seu expediente acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (expediente PR204A 2026/3041-4 e dezaseis máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo tribunal de instancia correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Pontevedra, 28 de xullo de 2026

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/CIF

Resolución notificada

PR 204A 2026/3041-4

49672816S

Denegatoria

PR 204A 2026/3045-4

47992315D

Denegatoria

PR 204A 2026/3541-4

35629774Z

Denegatoria

PR 204A 2026/3715-4

35314885H

Denegatoria

PR 204A 2026/3876-4

76873202A

Denegatoria

PR 204A 2026/3918-4

53114897P

Denegatoria

PR 204A 2026/3921-4

77132803A

Denegatoria

PR 204A 2026/4116-4

0BD225364

Denegatoria

PR 204A 2026/4230-4

X7689931L

Denegatoria

PR 204A 2026/4345-4

71293909G

Denegatoria

PR 204A 2026/4500-4

77480500D

Denegatoria

PR 204A 2026/4567-4

32705158D

Denegatoria

PR 204A 2026/4733-4

77406354S

Denegatoria

PR 204A 2026/4858-4

X4660935P

Denegatoria

PR 204A 2026/4873-4

Z2032965T

Denegatoria

PR 204A 2026/4918-4

35306595P

Denegatoria

PR 204A 2026/4945-4

73240746Y

Denegatoria