DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 11 de agosto de 2026 Páx. 44179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 30 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo ao Plan especial de infraestruturas e dotacións para implantación dun centro de día na parroquia de San Xulián de Guláns, no concello de Ponteareas (expediente 2026AAE3098).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 29 de xullo de 2026 sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para implantación dun centro de día na parroquia de San Xulián de Guláns, no concello de Ponteareas.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://medioambiente.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2026AAE3098).

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade