DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 11 de agosto de 2026 Páx. 44187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 21 de xullo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 150015799 e tres máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos requirimentos de documentación no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícanse os ditos requirimentos ditados nos procedementos competencia deste departamento territorial ás persoas citadas nos anexos, emprazándoas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento íntegro do contido dos ditos requirimentos. Transcorrido o prazo, de non facelo, teranse por efectuadas as notificacións ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben as notificacións quedarán supeditadas á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, por ser a documentación requirida imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causas imputables á persoa interesada no prazo que se indique no requirimento unha vez notificado tras a comparecencia, procederá a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, e o Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei da seguridade social.

A Coruña, 21 de xullo de 2026

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

Núm. de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150015799

76295503H

Requirimento de documentación

31.10.2025

ANEXO II

Procedemento BS650G

Núm. de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150075318

33814487W

Requirimento de documentación

22.6.2026

150085823

X9121478T

Requirimento de documentación

6.4.2026

150020025

32290379N

Requirimento de documentación

13.5.2026