DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 11 de agosto de 2026 Páx. 44213

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da delegación de competencias do Concello de Betanzos sobre a inspección do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza de obras ou urbanística.

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o 26 de xuño de 2026, adoptou o seguinte acordo:

«25. Aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Betanzos sobre a inspección do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza de obras ou urbanística.

1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello de Betanzos en relación coa seguinte materia:

Inspección do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza de obras ou urbanística e pola realización das actividades administrativas de control nos supostos en que a exixencia de licenza fose substituída pola presentación de declaración responsable ou comunicación previa, e a recadación voluntaria e executiva das liquidacións derivadas das actuacións inspectoras.

2. A delegación entrará en vigor unha vez sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

A Coruña, 20 de xullo de 2026

O presidente da Deputación Provincial da Coruña
P.D. (Resolución número 32898, do 29.8.2023)
José Ramón Rioboo Castro
Deputado da Deputación Provincial da Coruña

Paula María Vázquez Carrasco

Secretaria xeral en funcións da Deputación Provincial da Coruña