DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 11 de agosto de 2026 Páx. 44208

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, en propiedade, do posto de traballo de coordinador/a da área de urbanismo.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 131, do 14 de xullo de 2026, publicáronse as bases que regulan o proceso de provisión en propiedade, polo sistema de concurso específico, do posto de traballo de coordinador/a da área de urbanismo. O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois da publicación antedita os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Oleiros, 21 de xullo de 2026

O alcalde
P.D. (Decreto da alcaldía núm. 2013003281, do 21 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal