No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 17 de xullo de 2026 publicáronse as bases xerais e específicas que rexerán a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir as prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público de 2021/2022. Quenda libre (terceira fase). As prazas vacantes son as seguintes:
• Unha de enxeñeiro/a de camiños.
• Unha de arquitecto/a técnico/a.
• Tres de delineante.
• Unha de operador informática.
Vigo, 17 de xullo de 2026
O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada de Urbanismo e Vivenda
