DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 12 de agosto de 2026 Páx. 44332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 31 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto para o cambio de uso de forestal a agrícola dunha parcela no concello de Láncara (expediente 2025/0188).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 31 de xullo de 2026 do proxecto para cambio de uso de forestal a agrícola dunha parcela no concello de Láncara (Lugo), promovido por Luis Seijas López.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade