Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA BEG703, substitución do apoio AMKMCC7V//20-A-25, no concello de Betanzos (expediente IN407A 2024/161-1), por resolución deste departamento territorial, do 15 de abril de 2026, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo en avenida de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Este departamento territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 18 de setembro de 2026 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporá xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do concello de Betanzos, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 2.1.2026, no BOP do 16.12.2025 e no xornal La Voz de Galicia do 15.12.2025, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás que se lles practicará notificación individual e sinalándolles os horarios de toma de datos sobre o terreo e posterior levantamento efectivo das actas na oficina da casa consistorial do dito concello.
Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, logo de intentar esta, non se puidese efetuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 21 de xullo de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
