O Pleno da Corporación do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o 30 de outubro de 2025, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a fixación de aliñacións no núcleo de Codesedas, segundo o proxecto presentado o 5 de xuño de 2025, elaborado polo Estudio Técnico Gallego, S.A.
Segundo. O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, e a normativa urbanística publicarase no Boletín Oficial da provincia. Así mesmo, remitirase á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, para os efectos de inscribir a modificación do Plan xeral de ordenación municipal no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.
En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.2 da mesma lei.
Conforme o disposto no artigo 212.3 do RLSG, o prazo do artigo 65.2, antes citado, non comezará a contar ata a recepción completa da documentación no rexistro da Consellería.
Contra o acordo de aprobación definitiva da citada modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
A modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal aprobado definitivamente pode consultarse no seguinte enderezo da páxina web do Concello de Santiago de Compostela: https://santiagodecompostela.gal/gl/transparencia/urbanismo/planeamiento/modificacion-puntual-do-pxom-para-fixacion-de-alinacions-no-0
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2026
A alcaldesa
P.D. (DEC/2023/8135, do 17.6.2023)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica
