De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio, que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para proceder á notificación da resolución ditada no expediente que se indica no referido anexo, instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por ignorarse o lugar de notificación.
Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada, por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial en Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables e das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
En virtude do artigo 172.2 do Código civil, e tendo en conta que transcorreu o prazo de dous anos desde a notificación da resolución pola que se declarou o desamparo do menor, decaeu o dereito dos proxenitores ou titores a opoñerse ás decisións ou medidas adoptadas para a protección do menor. Non obstante, poderán facilitar información á entidade pública e ao Ministerio Fiscal sobre calquera cambio nas circunstancias que deron lugar á declaración da situación de desamparo e unicamente o Ministerio Fiscal estará lexitimado para opoñerse á resolución da entidade pública.
Vigo, 28 de xullo de 2026
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Nº de expediente: 2013/263-36.
Persoa interesada: 53187521K.
Acto que se notifica: Resolución administrativa do 27 de xullo de 2026.
Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medida administrativa.
