A directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a cobertura dunha praza de secretaría de dirección, adscrita á Área de Xerencia.
As bases estarán dispoñibles na sede do Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Vigo, 5 de agosto de 2026
Rosa Chapela Pérez
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar
