DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 13 de agosto de 2026 Páx. 44531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 31 de xullo de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.B15.8482 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante LPAC), ao descoñecer o enderezo ou logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente DH.B15.8482 e seis máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e las 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

DH.B15.8482

32397610V

19.6.2026

DH.B15.10231

33150265C

19.6.2026

DH.B36.5573

35302044B

19.6.2026

DH.B36.7937

76843194X

19.6.2026

DH.B36.7243

35939947D

19.6.2026

DH.B36.6109

B36874816

19.6.2026

DH.B15.12775

B15730104

19.6.2026