Convocada pola Resolución do 4 de marzo de 2026 (DOG núm. 49, do 13 de marzo de 2026), a provisión dun posto de xefe/a de sección de Obstetricia e Xinecoloxía-Cirurxía Oncolóxica da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, esta Xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 101, do 27 de maio); a Orde do 22 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 82, do 29 de abril), e o Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro),
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a de sección de Obstetricia e Xinecoloxía-Cirurxía Oncolóxica da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, convocada pola Resolución do 4 de marzo de 2026 (DOG núm. 49, do 13 de marzo).
Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa que se cita no anexo desta resolución.
Terceiro. A persoa aspirante seleccionada deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da persoa interesada, os prazos aos que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarada nesa situación polo órgano competente, a persoa que non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Cuarto. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos, do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos expostos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administración Públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2026
Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza
ANEXO
Denominación do posto: xefe/a de sección de Obstetricia e Xinecoloxía-Cirurxía Oncolóxica.
Nome e apelidos: María Efigenia Arias Baltar.
DNI (*): ***7288**.
(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.
