DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 14 de agosto de 2026 Páx. 44638

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 24 de xullo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou algún dos procesos selectivos para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocados polas ordes do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro) e do 7 de xaneiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro) e polas resolucións do 26 de abril de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 81, do 30 de abril), do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 121, do 27 de xuño) e do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 243, do 26 de decembro).

Logo de advertir erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 139, do 27 de xullo de 2026, e en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 41493, no sumario, onde di: «polas resolucións do 26 de abril de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 81, do 30 de abril), do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 121, do 27 de xuño) e do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 243, do 26 de decembro)», debe dicir: «polas resolucións do 26 de abril de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 81, do 30 de abril), do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 121, do 27 de xuño), do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 243, do 26 de decembro)».

Na páxina 41494, na epígrafe segunda, onde di: «polas resolucións do 26 de abril de 2021 (DOG núm. 81, do 30 de abril), do 22 de xuño de 2022 (DOG núm. 121, do 27 de xuño) e do 15 de decembro de 2023 (DOG núm. 243, do 26 de decembro)», debe dicir:  polas resolucións do 26 de abril de 2021 (DOG núm. 81, do 30 de abril), do 22 de xuño de 2022 (DOG núm. 121, do 27 de xuño), do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro) e do 15 de decembro de 2023 (DOG núm. 243, do 26 de decembro)».

Na páxina 41495, no segundo parágrafo, onde di: «pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro)», debe dicir: «polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro)».

Na páxina 41496, na liña correspondente ao número de orde de elección de destino 565, na columna Nivel, onde di: «18», debe dicir: «12».

Na páxina 41537, na liña correspondente ao número de orde de elección de destino 1999, na columna Observacións, debe dicir: «Horario especial».

Na páxina 41538, na liña correspondente ao número de orde de elección de destino 2016, nas columnas Centro destino e Centro directivo, onde di: «D. X. de Saúde Pública» e «Dirección Xeral de Saúde Pública», respectivamente, debe dicir: «Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (Acis)» e «Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (Acis)», respectivamente.