DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 14 de agosto de 2026 Páx. 44750

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Gargallóns

ANUNCIO da asemblea xeral para a constitución da comunidade.

A que subscribe, María Luisa Fraga Maquieira, veciña do lugar de Gargallóns, parroquia de As Fragas (Santa Mariña), concello do Campo Lameiro (Pontevedra), por medio deste anuncio convoco á asemblea xeral a todos os usuarios de augas, co fin de constituírse en comunidade de usuarios, que terá lugar o 11 de setembro de 2026, ás 19.30 e ás 20.00 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, na Casa Escola de Gargallóns, coa seguinte

Orde do día:

1.1. Formar unha relación nominal de usuarios.

1.2. Aprobar as bases ás cales, dentro da lexislación vixente, se deberán axustar os proxectos de ordenanzas e regulamentos, polos cales se deberá rexer a comunidade.

1.3. Designación dos membros que integrarán a Xunta de Goberno, encargada da dirección da comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.

1.4. Rogos e preguntas.

O Campo Lameiro, 17 de xullo de 2026

María Luisa Fraga Maquieira
Comunidade de Usuarios de Gargallóns