DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 14 de agosto de 2026 Páx. 44740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 14 de xullo de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Cedeira (expediente DH.A15.107748).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitantes: José Antonio Hurtado de Mendoza García e Bernardo Caramés Ávalos.

DNI: ****996** e ****707**.

Expediente: DH.A15.107748.

Volume total anual: 172,8 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,005 l/s.

Destino: abastecemento doméstico.

Orixe: X = 575402; Y = 4834510; ETRS-89, fuso 29).

Lugar: Vilacacín.

Parroquia: Cedeira (Santa María do Mar).

Concello: Cedeira.

Descrición do aproveitamento:

A captación de auga do manancial ten lugar nunha arqueta situada na parcela de referencia catastral 15022A05800598 ao bordo do camiño.

Desde a dita arqueta, a captación abastece dúas vivendas unifamiliares situadas nas parcelas de referencia catastral 000102900NJ73D e 000102300NJ73D.

O sistema non conta con elementos de almacenamento e empregarase para uso doméstico.

O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 da Coruña (A Coruña); para facilitar esta consulta, poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 14 de xullo de 2026

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte