DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 17 de agosto de 2026 Páx. 44956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 4 de agosto de 2026, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia en relación coa solicitude de subrogación do contrato de alugueiro do expediente PO-83530, conta 42.

Por resultar descoñecido o enderezo da persoa interesada, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto adoptouno a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.

Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 4 de agosto de 2026

Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

PO-83530:42

36095752N

Requirimento para subrogación de contrato de alugueiro