DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 17 de agosto de 2026 Páx. 44837

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2026 pola que se nomea persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de gobernantes/as, especialidade de gobernante/a, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro) e se lles adxudica destino definitivo.

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 3 de xullo de 2026 (DOG núm. 125, do 7 de xuño), modificada pola Resolución do 13 de xullo de 2026 (DOG núm. 130, do 14 de xullo) ao que foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de gobernantes/as, especialidade de gobernante/a, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de gobernantes/as, especialidade de gobernante/a, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) e que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo de 15 días naturais a partir do 1 de outubro de 2026, de acordo coa Resolución do 6 de xullo de 2026 (DOG núm. 128, do 10 de xullo) pola que se declara a urxencia e se reducen os prazos nos procesos selectivos convocados pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos cales a súa elección de destino se convoque ou resolva en período estival (meses de xullo, agosto e setembro).

O cesamento deberá efectuarse o día 30 de setembro de 2026.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público
e Administración de Persoal

ANEXO

Nº de orde de elección de destino

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

Formación

Observacións

1

***7115**

Lareo Bermúdez, María Margarita

1

PSC994080215770090

Subgobernante/a

PS

Residencia asistida de maiores Volta do Castro (Santiago de Compostela)

Servizos periféricos

Santiago de Compostela

C1

19

Horario especial

2

***9656**

Posada Rocha, Pablo

15

PSC994090127560041

Gobernante/a

PS

Centro de atención a persoas con discapacidades (Sarria)

Servizos periféricos

Sarria

C1

20

648

 

3

***4590**

Soriano Martíns, Rosa María

11

PEC994030136560096

Subgobernante/a

PE

Instituto politécnico marítimo-pesqueiro do atlántico de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

C1

14

648

 

4

***6129**

Santos García, Montserrat

16

PSC994021032190021

Subgobernante/a

PS

Residencia de tempo libre do Carballiño

Servizos periféricos

O Carballiño

C1

15

648-954

Horario especial//Itinerante en centros da consellería a una distancia non superior a 30 km

5

***9858**

Alonso Fernández, Héctor Luis

7

PSC994080115570051

Gobernante/a

PS

Residencia asistida de maiores (Oleiros)

Servizos periféricos

Oleiros

C1

20

 

 

6

***6330**

López Fiuza, Miguel

6

EDC994090132001008

Gobernante/a

ED

CEE Miño (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

C1

19

648

 

7

***0351**

López Carballo, Silvana

17

PSC994021032190004

Gobernante/a

PS

Residencia do tempo libre do Carballiño

Servizos periféricos

O Carballiño

C1

19

648-954

Horario especial//Itinerante en centros da consellería a una distancia non superior a 30 km

8

***0868**

Abilleira Diz, Luz Mabel

3

PRC994050136001118

Gobernante/a

PR

Centro Galego de Tecnificación Deportiva

Servizos periféricos

Pontevedra

C1

16

648

 

9

***2149**

Grandío Pintos, Lorena

8

EDC994090136350023

Gobernante/a

ED

CEE de Panxón (Nigrán)

Servizos periféricos

Nigrán

C1

18

648

 

10

***5325**

Torre Gómez, Ana Belén de la

5

PSC994080115001029

Gobernante/a

PS

Residencia de maiores Torrente Ballester (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

C1

19

 

 

11

***6327**

Vázquez Eiriz, María Luisa

14

PSC994050115001410

Gobernante/a

PS

Centro de atención a persoas con discapacidades (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

C1

20

648

 

12

***3981**

Martínez Martínez, Andrea

20

PSC994090136440054

Gobernante/a

PS

Centro de atención a persoas con discapacidades (Redondela)

Servizos periféricos

Redondela

C1

20

 

 

13

***3860**

Porbén Riveira, Andrea

10

PSC994080036560080

Gobernante/a

PS

Complexo residencial de atención a persoas dependentes (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

C1

20

 

 

14

***5488**

Fernández Carro, Fátima María

9

PSC994080132001025

Gobernante/a

PS

Residencia de Maiores Nª Sª Miragres (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

C1

19

 

 

15

***9433**

Pérez Rodríguez, Eva

4

PSC994021036350004

Gobernante/a

PS

Residencia de tempo libre de Panxón

Servizos periféricos

Nigrán

C1

19

648-954

Horario especial//Itinerante en centros da consellería a unha distancia non superior a 30 km

16

***2898**

Penabad Luaces, Bibiana

18

PSC994080036560575

Gobernante/a

PS

Complexo residencial de atención a persoas dependentes (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

C1

19

 

Horario especial

Formacións específicas

Código

Descrición

648

Certificación negativa do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño (R.I.)

954

Permiso de conducir B (R.I.)