DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 17 de agosto de 2026 Páx. 44914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 3 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en materia de residuos no expediente OU-RES-2025-099 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental pertencente ao Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en Ourense, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 3 de agosto de 2024

María José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto de notificación

Acto adoptado

OU-RES-2025-099

49710145S

Resolución de procedemento sancionador

Pola directora territorial

OU-RES-2026-004

44460716Z

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Polo instrutor