DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 18 de agosto de 2026 Páx. 45023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 5 de agosto de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para a redacción das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2025/117-1, no concello de Cambre.

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA SMC729 soterramento entre os apoios AJOQKO7027-6 e AJPVHOUQ27-7-CT, no concello de Cambre (expediente IN407A 2025/117-1). Este acto realizarase, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e, posteriormente, procederase á redacción definitiva das actas nas dependencias da casa consistorial do referido concello, segundo o calendario e o horario aproximado que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada. Para iso, deberán achegar o seu DNI/NIF e os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 5 de agosto de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2025/117-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LMTA SMC729 soterramento entre os apoios AJOQKO7027-6 e AJPVHOUQ27-7-CT.

Concello: Cambre.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade

Data

Hora

1

Covelo

15017A012000720000ML

Descoñecida

2.10.2026

12.15