DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 19 de agosto de 2026 Páx. 45348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 18 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se lle dá publicidade á resolución de prórroga da concesión de ocupación de setecentos oitenta e oito con oitenta (788,80) metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre, con destino ao Edificio Neptuno, situado en Viveiro, no concello de Viveiro.

De conformidade co disposto no artigo 152.12 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise pública a resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, do 7 de maio de 2026, pola que se outorgou a concesión da referencia, coas seguintes condicións principais:

Titular: Edificio Neptuno Vivero, S.L.

Destino: Edificio Neptuno, de 6 plantas, con 25 apartamentos de uso residencial, 3 locais comerciais e un almacén-estacionamento.

Superficie: 788,80 m².

Prazo: ata o 29 de xullo de 2046.

Poderá consultarse a resolución completa na seguinte ligazón:

https://ficheiros-web.xunta.gal/medio-ambiente/litoral/concesions/2026/C-62-Lugo-prorroga-edificio-neptuno-viveiro.pdf

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2026

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático