De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a notificación do emprazamento para o trámite de audiencia á interesada con DNI 34874131J, no recurso de reposición interposto no expediente de reposición da legalidade urbanística PO-0360-2024.
O expediente relacionado está á disposición da persoa interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
A persoa interesada disporá dun prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar o que considere pertinente.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2026
A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
Olalla Flores Fernández
Subdirectora xeral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
