DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 20 de agosto de 2026 Páx. 45932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 31 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles notifica ás persoas interesados a constitución do depósito de pagamento do prezo xusto polas afectacións derivadas da construción dunha instalación eléctrica no concello de Cenlle (expediente IN407A 2024/110-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio cítanse as persoas titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da empresa beneficiaria, dos depósitos de pagamento do prezo xusto acordado mediante a resolución do Xurado de Expropiación de Galicia e os xuros de mora relativos ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA CAS801 no tramo entre os apoios número D63-4 e número D63-5, situada no concello de Cenlle.

As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Na comparecencia terán que presentar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Ourense, 31 de xullo de 2026

Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense

ANEXO

Relación de persoas afectadas descoñecidas,
con enderezo ignorado ou non notificadas

Número de expediente: IN407A 2024/110-3.

Instalación: Regulamentación da LMTA CAS801 no tramo entre os apoios número D63-4 e número D63-5.

Concello: Cenlle.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data do deposito

2

Voutureira

32026A018002160000TT

Herdeiros de Carmen Fernández Durán

28.7.2026