IV. Oposicións e concursos
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 31 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lle adxudican destinos nas oficinas xudiciais que se relacionan no anexo I ao persoal funcionario do corpo de tramitación procesual e administrativa (quenda promoción interna) que aprobou nas probas selectivas para o ingreso no corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda promoción interna) convocadas pola Orde PJC/150/2024, do 19 de febreiro, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Logo de advertir erros na Resolución do 31 de xullo de 2026, publicada no Diario Oficial de Galicia número 149, do luns 10 de agosto de 2026, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 43954, no sumario, onde di: «Orde PJC/150/2024, do 31 de xaneiro», debe dicir: «Orde PJC/150/2024, do 19 de febreiro».
Na páxina 43957, no anexo,
Onde di: «XG9258400015014501.00», debe dicir: «XG92587030360387021.00».
Onde di: «XG92583030150306012.00», debe dicir: «XG92587010150307043.00».