Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Nova subestación Abegondo 220 kV, no concello de Abegondo (expediente IN407A 2023/059-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 10 de agosto de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/059-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Nova subestación Abegondo 220 kV.
Concello: Abegondo.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade |
Data da ocupación |
|
5 |
Carpián |
Polígono: 34 Parcela: 122 |
Herdeiros de María Vidal Pérez |
14.8.2026 |
|
7 |
Carpián |
Polígono: 34 Parcela: 124 |
José Bahamonde Insua |
14.8.2026 |
|
10 |
Carpián |
Polígono: 34 Parcela: 127 |
Teresa Gómez Bello |
14.8.2026 |
|
12 |
Carpián |
Polígono: 34 Parcela: 139 |
Manuel Louzao Rodríguez |
14.8.2026 |
