DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 24 de agosto de 2026 Páx. 46421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 10 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan os interesados no recurso PO 404/26, en relación co proceso selectivo extraordinario de estabilización, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia; no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1; no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo B; e nas categorías 3, 12, 15, 34, 36, 37, 43, 52, 54, 54B, 66, 71, 94, 98, 100, 101, 103 e 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia e persoal laboral propio do Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable (Cixtec) (grupo III).

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da praza número 1 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela no que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso PO 404/26, en relación co proceso selectivo extraordinario de estabilización, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia; no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1; no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo B; e nas categorías 3, 12, 15, 34, 36, 37, 43, 52, 54, 54B, 66, 71, 94, 98, 100, 101, 103 e 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia e persoal laboral propio do Cixtec (grupo III), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, o envío dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala.

E así se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na referida sala no prazo de nove (9) días contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal