Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico A Ruña II, no concello de Mazaricos (expediente IN661A 2010/010-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situado no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.
Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 10 de agosto de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN661A 2010/010-1.
Entidade beneficiaria: Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U.
Denominación da instalación: parque eólico A Ruña, II.
Concello: Mazaricos.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
|
6b-19 |
Prado Parrulo |
Polígono: 32 Parcela: 12 |
Antonio Caamaño Alvela |
|
6b-32 |
Prado Parrulo |
Polígono: 32 Parcela: 12 |
Consuelo e Manuela Fernández Lado, herdeiros de María Fernández Lado e José Lourido Capelo |
