DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 25 de agosto de 2026 Páx. 46599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 4 de agosto de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 2026/014-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CT, RBT Suevos e substitución do CT Trasmonte, no concello de Ames (expediente IN407A 2026/014-1), pola Resolución deste departamento territorial, do 23 de xuño de 2026, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Este departamento territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 30 de setembro de 2026 para a redacción das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Ames, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 22 de abril de 2026, no BOP do 6 de abril e no xornal La Voz de Galicia do 16 de abril, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectadas, ás que se lles practicará unha notificación individual en que se sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e posterior levantamento efectivo das actas na oficina da casa do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 4 de agosto de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña