Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio cítanse os titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da empresa beneficiaria, dos depósitos de pagamento do prezo xusto acordado mediante a Resolución do Xurado de Expropiación de Galicia e os xuros de demora, relativos ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada Nova saída LMT subestación San Cibrao e peche derivadas V LL813, SCV831C e ALL807, situada nos concellos de Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas e Taboadela.
As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Na comparecencia terán que presentar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Ourense, 11 de agosto de 2026
Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2023/34-3.
Instalación: nova saída LMT subestación San Cibrao e peche derivadas V LL813, SCV831C e ALL807.
Concellos: Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas e Taboadela.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Nº de predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Data do deposito |
|
83 |
Abilleiras |
32056A018016030000BT |
Mercedes Borrajo Borrajo |
24.7.2025 |
