DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 25 de agosto de 2026 Páx. 46640

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Micelio Terapias ó Natural, Soc. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección territorial, o 27 de xullo de 2026, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, relativo ao domicilio social da entidade Micelio Terapias ó Natural, Soc. Coop. Galega, acordada na reunión da Asemblea xeral do 26 de maio de 2026. O seu novo domicilio social é Pereiras, número 6, concello de Covelo, provincia de Pontevedra.

Vigo, 27 de xullo de 2026

José Antonio Rodríguez Fachado
Director territorial de Pontevedra