DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 25 de agosto de 2026 Páx. 46648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de xullo de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.04828, outorgada o 8 de xullo de 2003, no concello de Caldas de Reis (expediente DH.A36.97738).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios A Mina.

Expediente: DH.A36.97738.

Volume total anual: 8.783,36 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,5 l/s.

Destino: abastecemento e rega.

Orixe: dous (2) mananciais na parcela 334, polígono 4, do Catastro de Caldas de Reis.

Lugar: Penalta.

Parroquia: Arcos da Condesa.

Concello: Caldas de Reis.

Descrición:

A auga captada dos mananciais condúcese a unha caseta na parcela 232 do polígono 4, que contén 16 depósitos individuais dos que parten conducións ás vivendas e parcelas de rega que abastece a Comunidade.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa López de Neira, 3, oficina 403, 36202 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 2 de xullo de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur