En aplicación do artigo 23.2 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común (RMVMC), aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, dáse publicidade oficial ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra acadado na sesión celebrada o 24 de febreiro de 2026, en que se decidiu iniciar o procedemento de clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:
Concello: Vigo.
Parroquia: Teis.
Nome do monte: Pedrosa ou Figueiró.
Cabida: 26.942 m2.
Ref. catastral: a maior parte das parcelas catastrais 54057A02300005 e 54057A02300075, monta pequenos anacos das parcelas 54057A02300006, 54057A02300007, 54057A02300008, 54057A02300009, 54057A02300010, 54057A02300011, 54057A02300073 e 54057A02300074 e tamén o camiño 54057A02309003.
Estremas:
Norte: parcela do Concello de Vigo.
Sur: Alfonso Fernández Pérez, Carmen Lorenzo Tizón, Carmen Pérez Soto, José Caride Rodríguez, Bernárdez Cabaleiro, Peregrina Fernández Iglesias e María Begoña Fernández Cabaleiro.
Leste: autoestrada AP-9.
Oeste: parcela do Concello de Vigo.
Así mesmo, ao abeiro do artigo 23.2 do dito regulamento, comunícase a apertura dun período dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, para que calquera persoa interesada no expediente poida efectuar as alegacións que considere convenientes.
Pontevedra, 12 de agosto de 2026
Amalia Elsa Pazos Pintos
Instrutora
