No Diario Oficial de Galicia núm. 198, do 14 de outubro de 2025, publicouse a Resolución do director do Inega, do 30 de setembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421N e IN421O).
O procedemento de concesión destas subvencións tramitouse en réxime de concorrencia competitiva, segundo o disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
De acordo co disposto no artigo 27 das bases reguladoras das axudas, a data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de setembro de 2026.
O artigo 45.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), establece a posibilidade de que o órgano concedente das subvencións outorgue, salvo precepto en contra contido nas bases reguladoras, unha ampliación do prazo establecido para presentar a xustificación, que non excederá a metade deste e sempre que con iso non se prexudiquen dereitos de terceiros.
Neste procedemento de concesión de axudas estanse a rexistrar numerosas solicitudes de prórroga por parte dos beneficiarios, motivadas nas dificultades existentes para executar e xustificar os investimentos subvencionados na referida data límite, por motivos técnicos e pola demora nas entregas de materiais polos provedores; ademais, non existe a posibilidade de causar prexuízos a terceiros.
Por todo o anterior, sobre a base dos requisitos e condicións previstos na normativa anteriormente citada,
DISPOÑO:
Primeiro. Modificar a data límite que figura no artigo 27 das bases reguladoras para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa, a cal se amplía ata o 23 de outubro de 2026.
Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web Axencia Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.gal), para os efectos previstos no artigo 45.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).
Terceiro. De acordo co disposto no artigo 32.3 da LPACAP, contra este acordo non cabe recurso de ningún tipo.
Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2026
Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia
