DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 27 de agosto de 2026 Páx. 46846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica unha resolución en materia de recuperación da terra agraria no concello de Cospeito.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2026

Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Expediente

B27463215

Resolución

REC-LU-0004/2026-AGR