DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 27 de agosto de 2026 Páx. 46828

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 16 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, do proxecto do parque eólico Rodicio II, nos concellos de Maceda e Montederramo (Ourense), promovido por Engie Proyecto Rodicio II, S.L.U. (expediente IN408A 2020/042).

O 3.2.2021, a Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Ourense emitiu o acordo polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Rodicio II (DOG núm. 39, do 26 de febreiro de 2021).

O 12.4.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais emitiu a resolución pola que se outorga a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Rodicio II (DOG núm. 87, do 8 de maio de 2023).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e demais normativa vixente de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

– Solicitante: Engie Proyecto Rodicio II, S.L.U., con NIF B70612155.

– Denominación: parque eólico Rodicio II.

– Potencia instalada: 10,4 MW.

– Potencia autorizada/evacuable: 10,4 MW.

– Número de aeroxeradores: 2×5,2 MW de potencia nominal unitaria.

– Produción neta: 28.690 MWh/ano.

– Horas equivalentes netas: 2.795 h.

– Concellos afectados: Maceda e Montederramo (Ourense).

– Orzamento de execución por contrata: 8.064.620,85 euros.

O obxecto da información pública será a solicitude de declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, das instalacións do citado proxecto. A declaración de utilidade pública, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Documentación que se expón:

1. A relación dos bens e dereitos afectados (RBDA) de necesaria expropiación, concreta e individualizada, dos propietarios, que figura no anexo que se insire neste acordo.

2. Memoria coa relación de bens e dereitos afectados (RBDA) (edición 01 con data do 18.6.2026).

3. Anexo I. Planos (edición 01 con data do 18.6.2026).

4. Fichas individualizadas (maio de 2025).

Polo exposto, faise público para o coñecemento xeral, así como para o particular, dos propietarios dos predios afectados pola instalación, que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar nas dependencias do Servizo de Enerxías Renovables e Infraestruturas do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 3º andar, 32003 Ourense), de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, así como nos concellos afectados e na seguinte ligazón web da Consellería:

https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica

Ourense, 16 de xullo de 2026

Mª José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Rodicio II,
nos concellos de Maceda e Montederramo (expediente IN408A 2020/042)

Nº pred.

Titulares

Datos catastrais

Lugar

Uso

Afeccións

Pleno dominio

Serv. de paso

Serv.

voo

aero

Serv.

voo

aero-

vieiro

Serv.

voo

vieiro-

gabia

Serv.

voo

aero-

gabia

Ocup.

temp.

Referencia catastral

Pol.

Par.

Cim.

Plat.

Sub.

T. met.

Vieiro

Gabia

Vieiro-gabia

Concello de Montederramo

3

González Álvarez Indalecio (hdros. de)
Rpte.: González Carlos

32050A067000030000LE

67

3

Revoltiza

Matogueira

376

127

6

Crespo Lamelas Gerardo (hdros. de)

32050A067000710000LS

67

71

Aceiras

Matogueira

192

65

8

Lorenzo Blanco Obidia (hdros. de)
Rpte.: Modesto Crespo Lorenzo

32050A067001340000LZ

67

134

Uceiras

Matogueira

88

30

9

Lorenzo Blanco Obidia (hdros. de)
Rpte.: Modesto Crespo Lorenzo

32050A067000730000LU

67

73

Aceiras

Matogueira

93

31

13

Crespo Lamelas Nicanor

32050A067000750000LW

67

75

Areiros

Matogueira

43

14

15

Descoñecido

32050A067000770000LB

67

77

Aceiras

Matogueira

101

33

16

Crespo González Vicente (hdros. de)
Rpte.: Crespo Estévez Vicente

32050A067000780000LY

67

78

Adariza

Matogueira

270

91

20

Vázquez Álvarez Nicanor (hdros. de)
Rptes.: José Luis e Manuel Vázquez Crespo

32050A067000820000LG

67

82

Adariza

Matogueira

126

42

28

Lorenzo Blanco Obidia (hdros. de)
Rpte.: Modesto Crespo Lorenzo

32050A067000940000LR

67

94

Vagueixo

Matogueira

292

98

32

Crespo González José Luis
Crespo González María del Pilar
Crespo González Manuel Javier

32050A067001070000LB

67

107

Berto Pérez

Matogueira

596

212

39

Crespo Lamelas Gerardo (Hdros. de)
Rpte.: Crespo González Javier

32050A086003770000LB

86

377

Carrascal

Matogueira

110

180

43

Descoñecido

32050A086001250000LQ

86

125

Pena do Lagarto

Matogueira

64

98

44

González Cortés Manuel (hdros. de)
Rpte.: González González José

32050A086001260000LP

86

126

Carrascal

Matogueira

273

146

48

González Gómez Tomás (hdros. de)
Rpte.: Castro Álvarez Josefa

32050A086001290000LF

86

129

Pena do Lagarto

Matogueira

55

51

Veciños de Verducedo

32050A086001270000LL

86

127

Berto Pérez

Matogueira

19

55

González Álvarez Indalecio (hdos. de)
Rpte.: González Carlos

32050A067001300000LI

67

130

Touza

Matogueira

32

59

Suárez Manuel

32050A067001190000LO

67

119

Lanxeira

Matogueira

17

62

Veciños de Xestosa

32050A067001220000LO

67

122

Pena da Seca

Matogueira

1.850

755

63

Veciños de Verducedo

32050A086003290000LX

86

329

Viso

Matogueira

1.843

32

64

López Álvarez María

32050A086003260000LK

86

326

Fonte do Frade

Matogueira

40

66

Domínguez González María Jesús

32050A086002430000LZ

86

243

Mallada Vella

Matogueira

12

67

Gómez Eiro Evaristo
Eiro Rodríguez María Rosa

32050A086002420000LS

86

242

Mallada Vella

Matogueira

33

91

Blanco Gómez Francisco

32050A066000300000LS

66

30

Tapada Vella

Matogueira

863

93

Crespo Lamelas Gerardo (hdros. de)

32050A066000280000LZ

66

28

Tapada Vella

Matogueira

21

95

Gómez González Ángel

32050A066000110000LP

66

11

Laguiñas

Matogueira

74

97

Gómez Ruiz Fermín
Gómez Ruiz María Carlota

32050A066000140000LF

66

14

Laguiños

Matogueira

37

98

González Ferreiro Manuel
Rpte.: Álvarez Álvarez Manuel

32050A066000150000LM

66

15

Laguiñas

Matogueira

129

99

Gómez González Ángel

32050A066000160000LO

66

16

Laguiños

Matogueira

86

100

González Ferreiro Manuel
Rpte.: Álvarez Álvarez Manuel

32050A066000170000LK

66

17

Laguñas

Matogueira

94

102

González Vázquez Juan Manuel

32050A066000190000LD

66

19

Lagueiros

Matogueira

22

105

Descoñecido

32050A066001330000LB

66

133

Laguiñas

Matogueira

42

106

Lamelas Crespo Manuel
Rpte.: Lamelas González Manuel

32050A066000220000LD

66

22

Laguiñas

Matogueira

51

107

Gómez González Ángel

32050A066000230000LX

66

23

Loguiños

Matogueira

77

109

González Gómez, Luis Victoriano; Purificación; José; Delia; Mª Esther;
Manuel; Serafín e Mª Corona

32050A066000250000LJ

66

25

Laguiñas

Matogueira

46

111

Crespo González José Antonio (hdros. de)

32050A066000850000LR

66

85

Laguiñas

Matogueira

39

113

Descoñecido

32050A062001010000LY

62

101

Laguiñas

Matogueira

1

115

Gómez Rodríguez José María
Gómez Rodríguez María Dolores

32050A062000010000LW

62

1

Laguiñas

Piñeiro madeireiro

268

117

Descoñecido

32050A066000770000LT

66

77

Armafalas

Matogueira

87

118

Gómez González Ángel

32050A066000750000LP

66

75

Armafalas

Piñeiro madeireiro/ matogueira

457

Tipos de afeccións, en metros cadrados (m2):

Superficie de pleno dominio:

– Cim.: cimentación do aeroxerador, superficie ocupada pola zapata que garante a estabilidade dun aeroxerador.

– Plat.: plataforma, superficie necesaria para a montaxe e o mantemento dos aeroxeradores.

– Sub.: subestación.

– T. met.: plataforma e cimentación da torre meteorolóxica.

Servidume de paso:

– Vieiro: dereito de paso polos vieiros en que circularán os transportes para a construción, a vixilancia, a conservación e a reparación das instalacións do parque eólico.

– Gabia: servidume de paso da liña eléctrica soterrada.

– Vieiro-gabia: abrangue aquelas zonas onde coinciden as afeccións de vieiro-gabia.

Serv. voo aero: servidume definida pola superficie de varrido das pas do aeroxerador.

Serv. voo aero-vieiro: abrangue aquelas zonas onde coinciden as afeccións de servidume do voo das pas do aeroxerador e vieiro.

Serv. voo vieiro-gabia: abrangue aquelas zonas onde coinciden as afeccións de servidume do voo das pas do aeroxerador e as afeccións de vieiro-gabia.

Serv. voo aero-gabia: abrangue aquelas zonas onde coinciden as afeccións de servidume do voo das pas do aeroxerador e gabia.

Ocup. temp.: ocupación temporal de terreos para a construción, a vixilancia, a conservación e a reparación das instalacións.