DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 27 de agosto de 2026 Páx. 46867

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios Regueiro da Fame

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral constitutiva.

Mercedes París Meizoso, con DNI ***9329**, actuando como representante da Comunidade de Usuarios Regueiro da Fame, por este anuncio convoco para o vindeiro día 3 de octubre de 2026, no local social Moutouto en Abegondo (A Coruña), ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral constitutiva conforme a seguinte orde do día e aprobación, de ser o caso, do que proceda:

1. Acordo de constitución da comunidade de usuarios.

2. Relación nominal dos usuarios.

3. Estatutos da comunidade de usuarios.

4. Elección e constitución da Xunta Reitora.

Abegondo, 5 de agosto de 2026

Mercedes París Meizoso
Representante da Comunidade de Usuarios
Regueiro da Fame