DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 27 de agosto de 2026 Páx. 46864

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO de notificación do requerimento de xestión da biomasa.

O Concello de Outeiro de Rei (Lugo) fai pública unha notificación relativa ao requirimento de limpeza e/ou corta dirixida aos titulares das parcelas que se indican a seguir, logo de resultar infrutuosa, por causas non imputables a esta Administración, a notificación á que se refire o artigo 22.2 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As persoas interesadas en coñecer o contido íntegro do acto que se notifica poderán acudir ás oficinas municipais deste concello, das 9.00 ás 15.00 horas, no prazo de quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, dispoñen do mesmo prazo para cumprir as obrigas da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada das especies arbóreas non permitidas.

Unha vez transcorrido este último prazo, continuarán as actuacións, de conformidade co artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril. O Concello de Outeiro de Rei notifica este acto para os efectos oportunos e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan alegar o que consideren oportuno no prazo de quince días desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Nome e apelidos do interesado ou razón social

Nº de expediente

Referencia catastral

Herdeiros de Julio Rodríguez Marzán

658/2026

Polígono 67, parcela 11

José María Rozas Carballido

308/2024

Polígono 102, parcela 194

Descoñecido

892/2026

Polígono 64, parcela 10074

Descoñecido

1029/2025

Polígono 97, parcela 351

Outeiro de Rei, 6 de agosto de 2026

José Pardo Lombao
Alcalde